As consultas que nos envíes ao CIM pódes envialas de dúas maneiras:
Anónima: a consulta responderíase de maneira anónima e xeral no apartado de preguntas máis frecuentes.
Personalizada: son as consultas nas que se facilita algún medio para respostar de maneira individual e personalizada e só a quen fai a cuestión; por exemplo, un correo electrónico, un número de teléfono, etc.
Recibiron información sobre os servizos do CIM en materia xurídica e psicolóxica, así como sobre os recursos dispoñibles na comarca
Unha vintena de veciños e veciñas de Frades asistiron o venres 25 de novembro a unha charla informativa organizada polo Concello de Frades, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes. Unha sesión na que Nazaret González, directora do CIM da Mancomunidade de Ordes, e Dolores García, psicóloga do CIM, lles explicaron os servizos que ofrece o CIM: información xurídica, atención psicolóxica e información sobre os recursos existentes na zona en materia de conciliación familiar, axudas para vítimas de xénero, formación, actividades de tempo libre, etc.
Así mesmo, proxectaron un vídeo de 7 minutos que é un resumo dun traballo realizado polos alumnos do IES Castelao (Ordes) contra a violencia de xénero, titulado "Orballo". Despois da proxección do vídeo, os veciños e veciñas de Frades amosaron a súa sorpresa polo seu contido, xa que eran mulleres vítimas de violencia de xénero quen contaban o seu caso e como conseguiron superar esta situación. "Elas fixérono para demostar a outras mulleres que con apoio se pode saír desta situación, ter unha vida nova e nun entorno seguro de parella", explicou Nazaret González.
Unha vez rematada esta charla, tomaron a palabra dous membros da Garda Civil de Santiago, quen destacaron o traballo realizado dende o CIM e lembraron que, no caso de violencia de xénero, cando hai unha denuncia o primeiro que se fai é asegurar a seguridade da persoa que pide axuda, polo que lles aseguraron aos presentes que sempre contarán co apoio das forzas e dos corpos de seguridade.
Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller
Concello de Ordes
Rúa Alfonso Senra, nº108
Atención ao público:
De luns a venres de 08:00 a 15:00
Asesoramento Xurídico:
Luns de 15:30 a 21:30
Asesoramento Psicolóxico:
De luns e venres con previa cita
Teléfonos:
981 682108 / 981 680002
981 680157 (Ext. 214)
Fax
981 682108
E-mail
cim@ordes.dicoruna.es