As consultas que nos envíes ao CIM pódes envialas de dúas maneiras:
Anónima: a consulta responderíase de maneira anónima e xeral no apartado de preguntas máis frecuentes.
Personalizada: son as consultas nas que se facilita algún medio para respostar de maneira individual e personalizada e só a quen fai a cuestión; por exemplo, un correo electrónico, un número de teléfono, etc.
Consulta aquí os distintos actos programados polos concellos da Mancomunidade de Ordes para conmemorar o 25 de novembro
Ademais das accións conxuntas programadas dende o Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes para conmemorar o día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o resto dos municipios ten programadas outra serie de iniciativas.
- Xoves 24 de novembro. Presentación do II Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal 2011-2013, cuxo obxectivo é acadar unha sociedade totalmente igualitaria en todos os ámbitos da vida: o familiar, o laboral, o sociual e o persoal. Este plan nace da estreita colaboración e o traballo en común de todos os ámbitos (político, técnico, sanitario, de seguridade, movemento asociativo, axentes educativos,...) que foron convidados a participar na súa elaboracióin e aprobación, así como en comprometerse a pór en marcha as accións que nel se acordaron. Despois de realizar unha enquisa municipal e de varios grupos de traballo complementados por unha análise exhaustiva dos principais datos oficiais existentes sobre o concello, definironse as prioridades, as necesidades e os obxectivos que se pretenden acadar coa posta en marcha deste Plan, tendente a impulsar e desenvolver unha política transversal que se orienta ás prácticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en todas as accións municipais de maneira que repercuta no benestar e na calidade de voida da cidadanía de Cerceda. As áreas de actuación do II PIOM son 7:
1.- Información e orientación: co obxectivo de favorecer a igualdade entre mulleres e homes, a través do fomento da sensibilización e da información ofrecida á poboación do Concello de Cerceda.
2.- Formación e emprego: coa finalidade de fomentar o emprego e a mellora da formación, co fin de eliminar as desigualdades de xénero existentes.
3.- Conciliación laboral, familiar e persoal: perseguirá facilitar a satisfactoria conciliación dos tempos laborais, familiares e tamén persoais da poboación de Cerceda
4.- Reparto Igualitario de tarefas e responsabilidades domésticas: fomentar a corresponsabilidade entre a poboación do Concello de Cerceda
5.- Educación en Igualdade: Coeducación: Promover a coeducación e a formación baseada na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes
6.- Benestar Social e Asociacionismo: fomentar a participación da poboación na esfera pública do Concello e mellorar o seu nivel de benestar social
7.-Prevención e eliminación da violencia de xénero: fomentar a prevención e a eliminación da violencia de xénero no Concello de Cerceda
- Venres 25 de novembro. Ás 20:30 horas, auditorio municipal de Cerceda. Representación da obra "Nunca nada de ninguén", de Luisa Costa e representada polo Grupo Municipal de Teatro de Ames. A obra permite un achegamento do espectador a aquelas mulleres que cada nada agardan ou que o teñen todo por descubrir, as que calaron e as que deciden ter voz.
- Venres 25 de novembro. Os nenos e nenas dos distintos centros educativos de Cerceda elaboraron un manifesto contra a violencia de xénero. O manifesto será leído polos cativos nos seus respectivos centros entre as 11 e as 12:00 horas.
- Durante as últimas semanas, Radio Cerceda está emitindo unha cuña radiofónica, de elaboración propia, contra a violencia de xénero.
- Venres 25 de novembro. Charla informativa "A violencia e os recursos para combatela". Presentación do Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes. Nela, as traballadoras do CIM darán a coñer as distintas iniciativas postas en marcha dende o centro, as axudas dispoñibles e o procedemento a seguir no caso de sufrir o coñecer algún caso de violencia de xénero. A participación é libre e terá lugar ás 17:00 horas no multiusos José Botana de Frades.
- Venres 25 de novembro. Teatro. Representación da obra "RR.HH. (o método)", da asociación O Aturuxo de Melpémone. Casa da Cultura, ás 21:30 horas.
- Durante as últimas semanas, Radio Ordes está emitindo unha cuña radiofónica contra a violencia de xénero, elaborada pola Secretaría Xeral de Igualdade, e que a maiores inclúe os datos de contacto do CIM da Mancomunidade de Ordes.
- O Concello de Ordes desenvolveu un programa de intervención integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero e os/as menores dependentes. Denomínase " O programa Mandala". Nesta iniciativa usouse ao teatro como instrumento para promover a reconstrucción psicolóxica dende o centro da propia personalidade. Cos traballos que as persoas participantes elaboraron editouse un material divulgativo para sensibilizar á poboación de Ordes sobre esta realidade dende a propia experiencia vital das mulleres e dos/as menores que a padecen. Inscribíronse 14 mulleres e 13 menores. A actividade foi financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o FSE.
- Gravación dun videoclip sobre a igualdade de oportunidades e a violencia de xénero, a cargo de mozos e mozas ordenses de entre 12 e 18 anos. Unha iniciativa organizada no marco do programa "Enrolarte en igualdade", que ten como finalidade concienciar e sensibilizar á mocidade sobre as desigualdades de xénero existentes e fomentar actitudes igualitarias. Unha iniciativa que forma parte do programa "Educar en igualdade", subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e polo Fondo Social Europeo. "Enrolarte en igualdade" incluíu actividades como un obradoiro de hip hop (celebrado o 22 e o 29 de outubro), un obradoiro de cómic (21 e 28 de outubro), vídeo relato (4 e 5 de novembro), un obradoiro de cociña creativa (12 e 18 de novembro) e unha gymkana de supervivencia no fogar (19 de novembro). Todas as actividades tiveron lugar na Casa da Culutra de Ordes e foron totalmente de balde. Ademáis elaborarase un marcapáxinas no que recolla o contido do antedito videclip. Distribuirase entre a poboación xuvenil de Ordes.
- O 25 de novembro, persoal técnico do dito programa e menores participantes presentan esta actividade na TVG, no programa televisivo "A Solaina"
- 25 de novembro. Charla informativa "A violencia e os recursos para combatela". Presentación do Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes. Nela, as traballadoras do CIM darán a coñer as distintas iniciativas postas en marcha dende o centro, as axudas dispoñibles e o procedemento a seguir no caso de sufrir o coñecer algún caso de violencia de xénero. A participación é libre e terá lugar ás 19:00 horas no centro cultural de Sigüeiro.
- O 25 de novembro terá lugar a clausura do programa "Igualdade, un traballo en equipo", levado a cabo polo Concello de Tordoia no CPI Pecalama e subvencionado pola Deputación da Coruña. Entre o 21 e o 25 de novembro o Concello de Tordoia celebrou a I Semana da Corresponsabilidade, no marco da celebración de actividades previstas no Plan de Igualdade de Mulleres e Homes do Concello de Tordoia posto en marcha o ano pasado. Durante eses días, maiores e pequenos participaron nunha Gymkana do fogar, un cineforum e un obradoiro de cociña, concebidos para traballar na superación dos roles que tradicionalmente se lle outorgan ás mulleres. O obxectivo desta semana é continuar co traballo que durante todo o mes de novembro están levando adiante o Concello de Tordoia en colaboración co CPI Pecalama dentro do I Mes de Corresponsabilidade, dirixido a sensibilizar tanto a pais e nais como ao profesorado sobre a igualdade de sexos e corrixir estereotipos sexistas e traballar o incremento da corresponsabilidade no traballo doméstico e coidado dos nenos. Despois de actividades como o obradoiro "Cambiemos os Contos", "O amo da casa" ou "Vaia canción", esta semana máis de 180 rapaces de EI, ESO e EP do Pecalama participarán nas actividades previstas., que culminará cun obradoiro de cociña común que correrá a cargo da Escola Superior de Hostalería de Galicia, que dirixirá aos rapaces para elaborar todos xuntos unha receta de cociña.
- O Concello de Trazo elaborou unha tarxeta conmemorativa do Día Internacional contra a Vilencia de Xénero.
- Xornadas sobre "Saúde integral da Muller", dirixidas a mulleres de entre 18 e 60 anos empadroadas en Trazo. As xornadas abordarán todos aqueles temas de interese para as mulleres: anatomía, afeccións comúns, patróns de pensamento, accións e emocións, roles sociais, formas de relacionarse... Terán lugar os días 13 e 16 de decembro, en horario de 20:00 a 22:00 horas. Para anotarse só é preciso presentar fotocopia do DNI, antes do 30 de novembro, no departamento de Servizos Sociais do Concello de Trazo.
Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller
Concello de Ordes
Rúa Alfonso Senra, nº108
Atención ao público:
De luns a venres de 08:00 a 15:00
Asesoramento Xurídico:
Luns de 15:30 a 21:30
Asesoramento Psicolóxico:
De luns e venres con previa cita
Teléfonos:
981 682108 / 981 680002
981 680157 (Ext. 214)
Fax
981 682108
E-mail
cim@ordes.dicoruna.es