Contacta co CIM

Nota

As consultas que nos envíes ao CIM pódes envialas de dúas maneiras:

Anónima: a consulta responderíase de maneira anónima e xeral no apartado de preguntas máis frecuentes.

Personalizada: son as consultas nas que se facilita algún medio para respostar de maneira individual e personalizada e só a quen fai a cuestión; por exemplo, un correo electrónico, un número de teléfono, etc.

 »  CIM de Ordes

CIM de Ordes

CIM de Ordes - Concello de Ordes, Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade

Fototop

¿Qué é o CIM?

É un servizo que ofrece a Mancomunidade de Municipios de Ordes de información xurídica, atención psicolóxica, información sobre os recursos existentes na zona e calquera outra actividade encamiñada a mellorar a calidade de vida das mulleres da Comarca de Ordes.

Na área xurídica
Ofrécese asesoramento xurídico sobre os seguintes temas: separación, divorcio, herdanzas, impago de pensións de alimentos, vivenda, custodia, malos tratos, prestacións sociais, etc.

Na área psicolóxica
Ofrécese intervención psicolóxica en casos de: depresión, ansiedade, maltrato, baixa autoestima, mediación familiar, dificultades coa parella, adicións, apoio grupal a persoas afectadas por enfermedades crónicas, etc.

Na área de información sobre recursos
Ofrécese información sobre: aluguer de vivenda, axudas ás familias numerosas, recursos para a conciliación da vida laboral e familiar, etc.e tramítanse axudas para as vítimas de violencia doméstica: económicas, etc.

Na área de actividades
Lévanse a cabo charlas, talleres, escolas de nais e pais, excursións, video-forums, campañas de sensibilización,?

Na área de atención específica a
Ofrécese atención específica aos seguintes colectivos: emigrantes e inmigrantes retornados/as, vítimas de violencia doméstica, prostitución, familias monoparentais,...

 

Intranet Privada

Introduza o seu nome de usuario/a e contrasinal para acceder á Intranet Privada

Contacta connosco

Concello de Ordes
Rúa Alfonso Senra, nº108

Atención ao público:
De luns a venres de 08:00 a 15:00

Asesoramento Xurídico:
Luns de 15:30 a 21:30

Asesoramento Psicolóxico:
De luns e venres con previa cita

Teléfonos:
981 682108 / 981 680002
981 680157 (Ext. 214)

Fax
981 682108

E-mail
cim@ordes.dicoruna.es