As consultas que nos envíes ao CIM pódes envialas de dúas maneiras:
Anónima: a consulta responderíase de maneira anónima e xeral no apartado de preguntas máis frecuentes.
Personalizada: son as consultas nas que se facilita algún medio para respostar de maneira individual e personalizada e só a quen fai a cuestión; por exemplo, un correo electrónico, un número de teléfono, etc.
¿Que é a violencia de xénero? - Concello de Ordes, Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade
É calquera acto de violencia contra as mulleres que teña como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual, psicolóxico, económico ou social, tanto se se produce dentro do ámbito privado coma fóra del (no fogar, no traballo, na escola,etc). Abarca todos os actos mediante os que se discrimina, ignora, somete e subordina ás mulleres nos diferentes aspectos da súa existencia.
Exemplos: malos tratos do home á muller na relación de parella, agresións físicas e/ou sexuais de estraños ou coñecidos, acoso laboral, discriminacións a mulleres inmigrantes, tráfico de mulleres e nenas co fin de explotación sexual e/ou económica, etc
É a violencia que se produce no ambiente familiar.
Exemplos: maltrato do home á muller, da muller ao home, dunha nai ou dun pai a un fillo ou filla, dun fillo ou dunha filla á nai ou ao pai, dun neto ou dunha neta ao avó ou á avoa, etc.
A agresividade é o instinto natural de defendernos ante un perigo. É o feito de actuar de forma violenta como supervivencia, en homes e mulleres por igual. É innata, é dicir, nacemos con ela.
Exemplo: cando nos ataca un animal, a nosa reacción natural é a de defendernos.
A violencia é un acto de relación na que a persoa que a exerce pretende facer un dano intencionado, quere ter poder sobre a vítima. É aprendida, non nacemos con ela.
A agresividade mal empregada pode converterse en violencia.
Exemplo: a agresividade convértese en violencia, cando un home que non sabe resolver un conflito no seu traballo ?as paga? coa muller despois, descargando nela de diferentes maneiras todo o malestar que lle causou a situación no traballo ou noutros ámbitos (facéndoa sentir culpable, insultándoa, etc). Esta actitude non significa que descargue con ela ?por confianza? senón que o fai porque a ?utiliza? para eso.
É a que inclúe calquera acto de forza contra o corpo da muller, co resultado ou co risco de producir unha lesión física ou dano.
Exemplos: empuxóns, puñetazos, patadas, feridas con armas, queimaduras, tiróns do pelo, mordiscos, labazadas, golpes, estrangulamentos, expulsar violentamente do fogar, tortura, privar de comida, privar do coidado sanitario durante unha enfermidade, asasinato, etc.
É a que inclúe toda conduta, verbal ou non verbal, que produza na muller desvalorización ou sufrimento.
Exemplos: ameazas: ameazar con pegar, con suicidarse, con abandonala, con botala da casa,etc; infundir medo a través de miradas, accións ou xestos; romper coas cousas, destruír obxectos valiosos para a muller, causar dano en animais como advertencia, amosar armas, insultos, impedirlle tomar decisións, desprezar as súas opinións, tarefas ou o seo propio corpo; esixir obediencia; usar aos/as fillos/as: ameazar con quitarlle a custodia, con maltratalas/os, manipular aos/ás menores contra ela, etc; ridiculización, acusacións, tentar culpala de calquera problema, obrigala a facer algo, etc.
É o feito de privar intencionadamente de diñeiro e/ou impedir que se cubran outras necesidades básicas ou importantes para o benestar físico ou psicolóxico da muller e das súas fillas e fillos.
Exemplos: negar ou controlar os cartos, limitarlle o acceso ás contas, impedirlle traballar fóra da casa ou realizar algún curso, destruírlle bens materiais (romperlle o móbil, queimar o coche, a casa, etc.), negarlle dereitos de propiedade (non ter bens ao seu nome, ocultar documentación, etc).
É a que inclúe calquera acto de natureza sexual forzada polo agresor ou non consentida pola muller.
Exemplos: tocamentos non desexados, comentarios desagradables, miradas fixas ou xestos que amedrantan, relación sexual obrigada, chamadas telefónicas ofensivas, propostas sexuais non desexadas, visionamento ou participación forzada en pornografía, indución á prostitución, etc.
É a que inclúe o control das relacións externas da muller (relacións coa familia, amizades, compañeiros/as de traballo, etc.) co fin de illala e que non poida buscar apoio.
Exemplos: control das chamadas telefónicas, correo electrónico, etc; control de: a quen mira, con quen fala, onde vai, etc; insultos ou desacreditacións diante de outras persoas, impedimento da participación en actividades fóra da casa, etc.
O acoso laboral é unha situación na que unha persoa ou un grupo de persoas exercen unha violencia psicolóxica de forma sistemática (polo menos, unha vez por semana), durante un tempo prolongado, sobre outra persoa e/ou persoas no lugar de traballo.
Á vítima esta situación lévaa a illarse, cáusalle enfermidades diversas, estados de ansiedade, depresivos, etc; e, en ocasións, provocan que abandone o emprego ao non poder soportar a tensión á que se atopa sometida/o.
A persoa agresora pode ser un xefe ou xefa, un/ha compañeiro/a, etc.
Exemplos: gritar e/ou insultar á vítima cando está soa ou en presenza doutras persoas.; asignarlle tarefas, obxectivos ou proxectos con prazos que se saben inalcanzables ou imposibles de cumprir; sobrecargala intencionadamente con moito traballo; ameazala de maneira continuada (con despedila, con desprestixiala, etc); quitarlle responsabilidade; ofrecéndolle a cambio outras tarefas sen interese ou mesmo ningún traballo que realizar (facer café, facer fotocopias, etc, ata que se aburra ou se vaia); desprestixiala diante de compañeiros/as, botarlle culpas; reter información crucial para o seu traballo ou manipulala para que falle adrede, etc
Inclúe calquera comportamento realizado en función do sexo dunha persoa (neste caso das mulleres), co propósito ou efecto de atentar contra a súa dignidade.
Exemplos: todo trato desfavorable ás mulleres por razón do seu embarazo ou maternidade; pola súa orientación sexual (por exemplo si son lesbianas, etc); exclusión do seu acceso a un posto de traballo cando o feito de ser muller non sexa unha característica profesional esencial (por exemplo: elixir a un home en vez de a unha muller para traballar nun taller de coches tendo os dous a mesma formación, etc), etc.
É todo comportamento verbal ou físico, de natureza sexual que atente contra a dignidade dunha persoa.
Exemplos: acoso verbal cara a cara e/ou por teléfono ou calquera outro medio; miradas, comportamentos e actitudes lascivas non desexadas e irrespectuosas; piropos ofensivos, contacto físico non desexado (tocamentos, etc); presión para conseguir actividades sexuais; agresión física, etc.
Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller
Concello de Ordes
Rúa Alfonso Senra, nº108
Atención ao público:
De luns a venres de 08:00 a 15:00
Asesoramento Xurídico:
Luns de 15:30 a 21:30
Asesoramento Psicolóxico:
De luns e venres con previa cita
Teléfonos:
981 682108 / 981 680002
981 680157 (Ext. 214)
Fax
981 682108
E-mail
cim@ordes.dicoruna.es